jueves, 23 de junio de 2016

CERTIFICADO PROFESIONAL DE CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS 330 HORAS CENTRO DE FORMACIÓN AIXOLA MARÍN DO 5 AO 29 DE NOVEMBRO 2016

A partir do 5 de setembro de 2016, o Centro de Formación A Aixola iniciará a impartición do curso de “Confección e Mantemento de artes e Aparellos” que da acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.

O Servizo Público de Emprego de Galiza realizará a pre-selección de candidatos para o curso, que participarán nas probas de selección realizadas no Centro de Formación A Aixola.

Os interesados para participar no proceso de selección de alumnos, deberán notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade MAPN0108. Só poderán participar no proceso de selección as persoas que cumplan algún dos requisitos.

REQUISITOS DE ACCESO AOS CURSOS:
Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 2, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:
·         Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.
·         Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
·         Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
·         Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
·         Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
·         Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Achegamos o cartel informativo da actividade, para a súa difusión se o considera de interese.

Pode encontrar información adicional na web (http://aixola.cetmar.org) , ou poñéndose en contacto connosco.


Centro de Formación A Aixola

La posible información que pudiera contener este correo, relacionada con datos de carácter personal, se encuentra protegida en los términos exigidos por la LOPD 15/99, que compromete a no utilizar estos datos para fines que no sean los estrictamente necesarios para la realización de su cometido, añadiendo además la absoluta confidencialidad y exclusividad, quedando prohibida a cualquier persona su revelación, copia, distribución o el ejercicio de cualquier acción relativa a su contenido.

CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Puerto Pesqueiro, s/n – E36900 MARÍN (Pontevedra)

Coordinación: Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR
Tel. +34 986 838 033  http://aixola.cetmar.org
Síguenos en facebook: https://www.facebook.com/Aixola



No hay comentarios: