lunes, 25 de enero de 2016

Mesa Traballo do Sector da Pesca Artesanal das Confrarías de Lorbé, Mera e Sada para preparación da Candidatura aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020, venres de Xaneiro 2016 hora 17:00-19:00 Aula da Casa do Mar de Sada


O Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro” é unha Asociación Sen Animo de Lucro entidade colaboradora da Consellería do Mar para execución do Plan Estratéxico Zonal 2010-2015.
Para o Próximo Período 2016-2020 o vindeiro Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) “Golfo Ártabro Sur” (Actual Gac Golfo Ártabro) vai presentar a súa Candidatura a novo Programa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro da Consellería do Mar, financiados cos Fondo Europeo Marítimo Pesquero, para o período de programación 2014-2020, o territorio de Actuación para o vindeiro período enmarcase nos Municipios de Arteixo, A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Bergondo.
Para elo o novo GALP terá que presentar un Plan de Desenvolvemento Participativo onde se realice unha diagnose do estado Económico, social, económico e medioambiental do territorio.
O Sector Pesqueiro e un dos principais beneficiarios para este período de financiación, polo que importante realizar unha diagnose especifica para o sector, nesta mesa de traballo traballaremos coa Flota Costeira Artesanal, imos realizar unha diagnose máis concisa sobre este sector e tamén para recoller ideas e posibles liñas de actuación para a súa financiación nos vindeiros anos.
Xúntase anexos coas liñas financiables para o vindeiro período segundo o Programa Operativo Español 2014-2020, recentemente aprobado.
Polo que é de noso interese a máxima participación posible de Armadores, e mariñeiros desta flota.
A Reunión celebrárase:
Data: Venres, 29 de Xaneiro 2016
Lugar: Aula da Casa do Mar de Sada, sita na 3ª Planta da Casa do Mar, Av do Porto nº21 15160 Sada.
Hora: 17:00 - 19:00.
Puntos da Orde do día:
1º Bienvida e breve presentación do Programa anterior dos Grupos de Acción Costeira 2007-2013.
2º Breve presentación do Programa Grupos de Acción do Sector Pesqueiro 2014-2020
3º Realización dunha breve diagnose da situación da Pesca Artesanal.
4º Realización Obxetivos espécíficos da Pesca Costeira Artesanal, liñas actuación e medidas.
5º Oportunidades Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas – Terra do Mandeo, Marca de Pesca de Rías.
Metodoloxía de traballo:
Benvida e presentación dos participantes. Introdución informativa de 10 minutos.
Segundo o número de participantes, se crearan 2 o 3 mesas de traballo.
15 minutos Diagnose
30 minutos proposición de actividades, e accións, liñas de actuación que se poderían financiar para o vindeiro período.
20 minutos exposicións das distinta mesas e elaboración conclusións finais.
Prégase puntualidade.

miércoles, 20 de enero de 2016

O Centro de Formación A Aixola continúa creando grupos para impartir formación durante os vindeiros meses de 2016



O Centro de Formación A Aixola continúa creando grupos para impartir formación durante os vindeiros meses de 2016!
Os cursos que darán comenzo en Febreiro son:
Realizaremos as probas de selección en Aixola o martes 2 de Febreiro.
+ INFO e INSCRICIÓNS: http://aixola.cetmar.org  e 986 838 033
Posteriormente terán lugar os cursos:
Como nos períodos anteriores, dende Aixola abrangueremos cursos co obxectivo principal que se marcou dende o seu nacemento, hai xa 18 anos: “facilitar formación e información aos profesionais presentes e futuros do sector marítimo pesqueiro”.

Agradecemos moito a redifusión desta información entre os seus contactos e posibles interesados.

Lucía Fraga Lago
Coordinadora del  Área de Formación

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE CONFECCION E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS: CONVOCATORIA DO RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL 2016


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre un novo proceso de RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL, para a obtención de CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.
Entre outras especialidades, inclúense 70 prazas para o recoñecemento de competencias na cualificación profesional Confección e mantemento de artes e aparellos. O prazo de presentación de solicitudes nesta especialidade remata o 10 de febrero de 2016.
A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
+ INFO: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-…

NOTA: Se non cumples os requisitos mínimos para participar no procedemento de recoñecemento da experiencia profesional e che interesa o certificado, o Centro de Formación A Aixola ofrece a formación que da acceso ao mesmo: consulta os contidos, requisitos de acceso e sistema de inscripción na súa web: http://aixola.cetmar.org/seccion-redes/
ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais
traballo.xunta.es

martes, 19 de enero de 2016

Onte celebrouse en Sada un Taller Participativo para a preparación da Candidatura e a Estratexia de Desenvolvemento Participativo ao novo período de Programación 2014-2020 dos Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro.

O Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, (futuro Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur), realizamos un taller participativo para a preparación da Candidatura e Estratexia para o novo período de Programación 2014-2020 dos Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro financiados polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
Nesta reunión realizouse unha diágnose sobre la situación do Sector Turístico Náutico - Mariñeiro da Localidade de Sada, e os participantes realizaron unha diágnose da situación actual e  aportaron númerosas ideas para a nova candidatura.
Estes talleres se ven celebrando dende o verán pasado, co obxecto de realizar unha estratexia participativa e na que entre todos poidamos encauzar unha extratexia de desenvolvemento sostibles para os vindieros anos.

Queremos agradecer a súa participación a tódalas persoas e entidades que participaron neste taller, así como aqueles que non puideron estar que enviaron as súas aportacións por correo electrónico.






viernes, 15 de enero de 2016

Mesa Traballo do Sector Nautico de Sada para preparación da Candidatura Grupos de Acción Local de Pesca 2014-2020, luns 18 de xaneiro 2016 hora 17:00-18:30, Lugar Oficina de información Xuvenil Concello de Sada sita Av. das Mariñas S/N



O Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro” é unha Asociación Sen Animo de Lucro entidade colaboradora da Consellería do Mar para execución do Plan Estratexico Zonal 2010-2015.
Para o Proximo Periodo 2016-2020 o próximo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) “Golfo Ártabro Sur” (Actual Gac Golfo Ártabro) vai presentar a súa Candidatura a novo Programa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro da Consellería do Mar, financiados cos Fondo Europeo Marítimo Pesquero, para o período de programación 2014-2020, o territorio de Actuación para o vindeiro período enmarcase nos Municipios de Arteixo, A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Bergondo.
Para elo o novo GALP terá que presentar un Plan de Desenvolvemento Participativo onde se realice unha diagnose do estado Económico, social, económico e medioambiental do territorio, así como o desenrrolo das liñas estratéxicas que se desenvolverán no vindeiro período.
Debido a importancia do sector náutico no Concello de Sada queremos realizar unha mesa de traballo para realizar unha diagnose máis concisa sobre este sector e tamén para recoller  ideas y posibles liñas de actuación para a súa financiación nos vindeiros anos.

A Reunión celebrárase

Data: Luns 18 de Xaneiro 2016
Lugar: OMIX, Oficina Municipal de Informacíon Xuvenil de Sada
Hora: 17:00 - 18:30.

Metodoloxía de traballo:

Benvida e presentación dos participantes. Introducción informativa de 10 minutos.

Segundo o número de participantes, se crearan 2 o 3 mesas de traballo.
15 minutos Diágnose
30 minutos proposición de actividades, e accións, liñas de actuación que se poderían financiar para o vindeiro período.
20 minutos exposicións das distinta mesas e elaboración conclusión finais.

Prégase puntaulidade.

Para axilizar a diagnose xúntase un documento, onde se recolle distintas diagnose realizadas no territorio e en Sada, no pasado período, que nos servirá para axilizar a díagnose actual e poder centrala no sector Nautico de Sada.

Convocatoria aberta ás empresas e entidades relacionadas co Sector Náutico de Sada.
Entidades, asociacións e empresas invitada.
Aquelas entidades que non poidan asistir e queran aportar na elaboración da  Diagnose da Estratexia e  aportar ídeas para liñas de Traballo e financiación para o vindeiros anos 2016-2020.
Poden enviar un correo electrónico a gacgolfoartabro@gmail.com , xunto co arquivo recheo de ficha de entidade interesada.
Agradecendo de antemán da colaboración de tódos, para o deserronlo dunha Estratexia o máis participativa posible.