sábado, 1 de diciembre de 2012

XORNADA ESTRATEXIAS PARA MELLORA AMBIENTAL NO GOLFO ÁRTABRO



O vindeiro luns 10 de decembro, terá lugar a Xornada sobre Estratexias para mellora ambiental no Golfo Ártabro, organizadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e financiadas baixo o Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca. Estas xornadas ten por obxectivo de articular unha extratexia para o territorio do GAC Golfo Ártabro para os vindeiros anos, no que os recursos naturais deben ser perservardos para asegurar a continuidade das actividades marisqueiras e mariñeiras. Estas estratexias articularanse a partir das oportunidades que xurden para a conservación ambiental das rías do Golfo Ártabro, a visión desde o sector do mar, así como as proposta postas existentes no territorio para mellorar o estado de conservación destes espazos naturais. 
Data: 10 de decebro
Horario: 17:00-20:00
Lugar: Aula da Casa do Mar de Sada, sita en Av do Porto S/N Casa do Mar SADA.
Correo electrónico de inscrición a xornada: gac2@accioncosteira.es

No hay comentarios: