sábado, 26 de marzo de 2011

2ª XORNADA DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL MARÍTIMO NO GOLFO ÁRTABRO NO PEIRAO DE LORBÉ


O pasado sábado celebrouse no Peirao de Lorbé no Concello de Oleiros a segunda xornada sobre a posta en valor do patrimonio cultural marítimo do Golfo Ártabro.
Nesta xornada explicouse a elaboración dunha embarcación tradicional por parte de derradeiro carpinteiro de Ribeira do Golfo Ártabro, Manuel o artesán da Carpinteria de ribeira de Lorbé.


O programa Revista da Televisión de Galicia realizou conexións en directo. Explicouse por parte de Cesar do Clube Nautico de Ferrol do proceso de restauración do Galeón da súa propiedade.
Na conversa mantida expúsose os problemas que teñen as asociación para recuperar e manter as embarcacións tradicionais, solicitase dende as asociacións unha normativa específica para este tipo de embarcacións.

martes, 15 de marzo de 2011

Xornadas de Divulgación e Coñecemento do GAC 2: Fomento de Proxectos Productivos


O obxectivo destas xornadas é o fomento da realización de proxectos productivos no territorio de Actuación do Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro en relación cos sectores de desenvolvemento económico do mesmo.

Esta actividade organizase dende o GAC Golfo Ártabro, e vai dirixida a empresarios/as dos sectores náutico, hostaleiro, turismo activo, confrarías, asociacións e outros sectores relacionadas co mar.

Os contidos das Mesas Sectoriais serán os seguintes:

- Presentación do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro
- Información sobre o Plan Estratéxico Zonal
- Os proxectos produtivos tipoloxía de proxectos aprobados no GAC Golfo Ártabro e noutros Grupos de Acción Costeira de Galicia
- Rogos e preguntas.

Máis información

Secretaría técnica das Xornadas: actividades.caixal@gmail.com; gac2@accioncosteira.es
Tel 981.268.314

Para os Concellos
Miño, Paderne, Pontedeume e Cabanas
Día: 15 de Marzo 2011
Lugar: La Escuela Laica N-651 km. 23 nº28 A Torre-Porto. Cabanas
Hora: 19:30
Duración: 1 - 1,30 h.

Para os Concello de Ares, Mugardos, Fene, Neda, e Narón.
Lugar: Casa da Cultura. Concello de Neda
Hora: 19:30
Duración: 1 - 1,30 h.

sábado, 12 de marzo de 2011

1ª Sesión da Xornadas de Posta en valor do Patrimonio Cultural Maritimo no Golfo Ártabro. Embarcacións tradicionais como recurso turístico.

Celebrouse o pasado Sábado 12 de marzo na Casa Labarta de Mera no Concello de Oleiros, a primeira sesión das Xornadas de posta en valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro, nesta ocasión centradas nas embarcacións tradicionais como recurso turístico.

As xornadas foron inaguradas polo Concelleiro do Concello de Oleiros, D. Daniel Romero Cajigal, en representación do Concello de Oleiros e como Vicepresidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro".

Nesta xornada se presentaron as actividades das distintas asociacións que colaboran na realización desta xornadas representadas por D. Miguel Martínez Madroño, pola Asociación Cultural Mariñeira "Os Patexeiros", e D. Jorge Portela Gadás, polo Clube Náutico Punta Bufadoiro.
Pechou a primeira mesa redonda o Xerente do G.A.C. Golfo Ártabro, D. Federico López Viñas, que fixo unha presentación do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" así do programa do Plan Estratéxico Zonal y do Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca.



Se visonou unha proxección dun documental de Proa a Popa nº80 (2008.TVG) sobre embarcacións tradicionais galegas, para xerar un debate entre o público e ponente invitado, D. Bernardo Máiz Vázquez que realizou unha conferencia e posterior debate sobre la historia das embarcacións tradicionais de madera do Golfo Ártabro e a situación actual.



Unha exposición de fotos antigas de Mera, e de as embarcacións que cruzaban a ría dende Mera a Cidade de A Coruña, xunto con maquetas e embarcacións completarón esta primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Marítimo.

miércoles, 9 de marzo de 2011

XORNADAS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL MARÍTIMO NO GOLFO ÁRTABRO


Os obxectivos destas xornadas son, presentar o traballo das asociacións na recuperación e posta en valor do Patrimonio Marítimo Fluvial, establecer redes entre os axentes sociais implicados neste sector para o desenvolvemento sostible e mostrar o potencial existente a nivel económico a través da recuperación e valorización do Patrimonio Cultural Marítimo (material e inmaterial).

Esta actividade organízase dende o Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro (GAC 2) en colaboración con A.C.M. 'Os Patexeiros' (Sada) e Clube Náutico Punta Bufadoiro (Mera), e o Concello de Oleiros.

Programa:
Primeira sesión: 12 de Marzo . Casa Labarta de Mera
Segunda sesión: 26 de Marzo. Peirao de Lorbé
Terceira sesión: 2 de Abril. Peirao de Lorbé
Cuarta sesión: 9 de abril. Casa Labarta de Mera


As xornadas oriéntanse a tódolos publicos interesados no tema. O aforo é limitado a un
grupo de 25 persoas para as actividades a realizar no peirao de Lorbé os sábados 26 de
marzo e 2 de abril