lunes, 29 de septiembre de 2008

REUNIÓN DA COMISIÓN XESTORA DO GOLFO ÁRTABRO CELEBRADA O DÍA 20 DE AGOSTO DE 2008


O día 20 de agosto ás 11:30 horas, celebrouse, na Casa da Cultura de Sada "Pintor LLoréns", unha reunión da Comisión Xestora do Golfo Ártabro. A ela asistiron un total de 15 representantes de distintas Cofradías do territorio e da Administración Local, así como un representante da Asociación de Artesáns do Eume e catro técnicos dos G.A.L. "Terra das Mariñas", "Euroeume" e "Fundación Comarcal de Betanzos".
Nesta reunión aprobáronse as actas das reunións celebradas con anterioredade de forma unánime.
Presentouse ós membros da Comisión Xestora o tríptico elaborado para a difusión do programa.
Tamén se acordou que cada Grupo de Desenvolvemento Rural se encargue da difusión, entre os colectivos do seu territorio, de toda a información e documentación precisa para formar parte do novo Grupo.
Os técnicos dos distintos G.A.L. do territorio empezarán a traballar no borrador do Plan Estratéxico Zonal que, de ser posible, presentarase o mesmo día da constitución do Grupo (venres 3 de outubro de 2008).
Para a elaboración de dito documento celebraranse unha serie de reunións con cada unha das cofradías onde se propoñeran proxectos e problemas que se poidan afrontar cós fondos xestionados polo G.A.C.
En relación có borrador de estatutos, o equipo redactor deberá estudar as propostas recollidas para darlle forma defiunitiva ó documento.
Feitas as modificacións correspondentes, o borrador quedou aprobado pola Comisión Xestora que se presentará na Asemblea Xeral de constitución. Este borrador enviarase ó CETMAR para que o validen.
Nesta reunión, o concelleiro de cultura de Sada, D. José Garrote, ofrece unha das prantas da Casa do Mar como sede do novo Grupo. Os asistentes á reunión mostraron o seu agrado ante este ofrecemento e a resolución definitiva de cara a ubicación do Grupo queda condicionada a que o concello de Sada cfaga efectiva a concesión de dito local.

No hay comentarios: